Era unha muller mui folgazana, e non quería traballar. Polo que pasaba fame e estaba tan fraca que daba pena vela. Un día os veciños foron canda ela e dixéronlle: - Mira, coma ti calquera día morres de pé e nos andamos atareados no traballo, imos levarte ó cemiterio e asi queda o traballo feito. Asi fixeron, e cando pasaba o enterro por dianta de unha casa, salíu unha muller caritativa que dixo: -Non a enterredes, que lle dou eu unha fanega de pan. Pero, en esto, levantou a cabeza a vella fogazana, e preguntóu: - Ise pan, ¿é crudo ou cocido? E, cando lle dixeron que crudo, contestóu: -Pois que siga o enterro.
Lección / Moraleja:

Por poner
